Goldstein e Daley dirixen Dragóns e Cabouzos

119

Após de seren relevados da cadeira de director no filme The Flash, a parella de realizadores composta por Jonathan Goldstein e mais John Francis Daley substituirán eles mesmos a Chris McKay (The LEGO Batman Movie) no proxecto de longametraxe Dungeons and Dragons que está a preparar a Paramount Pictures.

O popular xogo de rol orixinal da Parker Brothers fora xa adaptado ao cinema en 2000 nun filme que contou cunhas críticas malísimas e que foi protagonizado por Jeremy Irons, Marlon Wayans e Justin Whalin. mais recentemente, os dereitos sobre a propriedade foron obxecto de discusión nos tribunáis, até que en 2015 se chegou a un acordo.

A história neste caso vai sobre un guerreiro e mais a súa banda de creaturas místicas, que se embarcan nunha perigosa aventura na procura dun misterioso tesouro. Michael Gilio escribirá o guión, que producirán Brian Goldner e Stephen Davis. Goldstein e Daley son os responsábeis de Spider-Man: Homecoming.