A nova série épica de ciéncia-ficción de Joss Whedon na HBO, The Nevers, ven de contratar ao seu elenco de actores principais, e unha dúcia de novos nomes súma-se aos que xa coñeciamos dende había un ano.
Sobre a série, polo de agora aínda só sabemos que vai sobre unha banda de mulleres vitoriáns coñecidas coma “The Touched” (As Dotadas), que posúen habilidades inusuáis e inimigos incansábeis, e teñen unha misión que podería cambiar o mundo. Laura Donnelly fora xa anunciada para o papel de Amalia True.
A actriz inglesa Olivia Williams será a protagonista no papel de Lavinia Bidlow, unha solteirona adiñeirada, severa e anticuada e campeona das Touched.
James Norton interpretará a Hugo Swann, un elegante pansexual a quen lle fican uns cinco anos mais de atractivo. Tamén dirixe un clube segredo e un negócio secundário de extorsión, e se adica a facer realidade a pior impresión que todos teñen del.
Tom Riley é Augustus “Augie” Bidlow, un dóce e arroubador ornitólogo e irmán menor de Lavinia e millor amigo de Hugo. Ann Skelly interpretará a Penance Adair, a más querida amiga de Amalia e unha das primeiras mulleres en se unir á súa causa. Ben Chaplin será o Detective Frank Mundi, un refungón que non confía en ninguén e pasa a vida bebendo e en rifas. Pip Torrens é o ex-xeneral Lord Massen, Nick Frost é Declan Orrun, o “Rei mendigo”, un xefe dos baixos fondos da cidade, Zackary Momoh fai o papel do doutor Horatio Cousens, un médico índio, Amy Manson é Maladie, Rochelle Neil fará de Annie Carbey, unha criminal capaz de controlar o lume, Eleanor Tomlinson será Mary Brighton, e finalmente Denis O’Hare será o cirurxán americano Edmund Hague.
Whedon traballará neste proxecto coma guionista, director, produtor executivo e showrunner, mentres ca Jane Espenson e Doug Petrie serán guionistas e produtores executivos, neste último caso canda Bernie Caulfield.