O realizador Kevin Smith ven de revelar que será o produtor executivo e showrunner de Masters of the Universe: Revelation, a nova série de debuxos animados da Netflix.
O proxecto céntra-se nos argumentos sen resolver da clásica série de debuxos animados dos anos 80 He-Man and the Masters of the Universe, recollendo moitas das viaxes dos persoaxes onde estes as deixaron hai décadas. A Powerhouse Animation (Castlevania) encargará-se de fornecer a animación.
Smith sorprendeu aos fans con esta nova este pasado domingo no decurso da Power-Con en Anaheim (Califórnia) e mencionou asemade que o proxecto contará coa produción da Mattel Television. Rob David será o outro produtor executivo, mentres que os guións correrán a cargo de Eric Carrasco (Supergirl), Tim Sheridan (Reign of the Supermen), Diya Mishra (Magic the Gathering) e Marc Bernardin (Alphas).
Nun comunicado oficial, Smith dixo: “Estou Eternia-mente agradecido á Mattel TV e á Netflix por confiaren-me non só os segredos de Grayskull, senón tamén o seu universo enteiro. En Revelation, comezaremos a partir de onde a era clásica chegou para contar unha história épica do que podería ser a batalla final entre He-Man e Skeletor! Encarnados nos deseños máis metal que a Powerhouse Animation pode contér nos fotogramas, está é a história dos Masters do Universo que sempre quixeches ver de cativo!“.