Alexandre Aja ensáia co terror interactivo

525

O realizador francés especializado en cinema de terror Alexandre Aja (The Hills Have Eyes) ven de asinar o contrato polo que se converterá no director dun filme interactivo cunha casa enmeigada para a compañía de Steven Spielberg, a Amblin Partners.

Jeff Howard (Oculus, Gerald’s Game), Nick Simon (Cold Comes the Night) e mais o mesmo Aja escribirán o guión, baseado nunha ideia orixinal de Howard e Mike Flanagan (The Haunting of Hill House), da que polo de agora non se deron a coñecer mais detalles.

A Amblin utilizará a tecnoloxía CtrlMovie da Kino Industries para crear un proxecto narrativo que permitirá ao público influír no desenvolvemento da história. Usando unha “app” no teléfone, os espectadores poderán votar para decidir o que fan os persoaxes en intres decisivos da história. O argumento, o remate e mais a duración do filme dependerán polo tanto das eleccións que faga a audiéncia.

O proxecto polo de agora soa semellante ao videoxogo da PlayStation Until Dawn, que tamén usou unha narrativa das de “elixe a túa aventura” mesturada nun contorno de história de cinema de terror.