O filme da Dreamorks Animation Kung Fu Panda, con 17 candidaturas,lidera as nominacións para a 36ª gala dos prémios Annie da Animated Film Society. Entre as posíbeis estatuíñas que podería levar-se están todas as importantes: millor longametraxe, millor animación de persoaxes, deseño de persoaxes, dirección, música, deseño de produción, storyboarding, dobraxe e guión.
Os filmes da Disney Bolt, da Pixar Wall-E, da Sony Pictures Classic/Bridgit Folman Waltz With Bashir e da Sherman Pictures/Lama Films $9.99 completan o rondó de nominacións para a millor longametraxe.
A Nickelodeon se fixo coa maioría de nominacións na categoría de televisión con 12 candidaturas, entre as que se inclúen dúas á millor série de debuxos animados para nenos por Avatar: The Last Airbender e The Mighty B!.
Os contendentes ás millores producións na catefgoría de TV inclúen a King of the Hill, Moral Orel e Robot Chicken: Star Wars Episode II. Tamén están nominados Phineas e Ferb e Os Simpson.
Na categoría de millor videoxogo están nominados Dead Space da Electronic Arts, a adaptación de Kung Fu Panda da Activision e e versión para xogadores de Wall-E desenvolvida pola Heavy Iron Studios.
Mike Judge, John Lasseter e Nick Park serán os que reciban os prémios Winsor McCay 2008, que se outorgan ás millores contribucións no arte da animación.
Amir Avini, Mike Fontanelli, Kathy Turner e Alex Vassilev recibirán o prémio do Certificado do Mérito.
Os Annies serán entregados o vindeiro 20 de xaneiro no Salón Royce da UCLA (Universidade de Califórnia Los Angeles).