Awkwafina protagonizará Constance Verity

54

A rapeira e actriz Awkwafina será a protagonista do filme de aventuras fantásticas The Last Adventure of Constance Verity que producirá a Legendary Pictures.

Baseada no libro homónimo de A. Lee Martinez, a longametraxe está centrada na dura detective Constance Verity, quen está destinada a salvar o mundo. Cansa do seu papel de salvadora da Terra dende que tiña sete anos, desexa vivir unha vida normal. John Raffo escribiu o primeiro bocexo do guión.

A actriz, a quen poderemos ver axiña en The Angry Birds Movie 2 e Jumanji: The Next Level, ten nestes intres unha axenda do mais apretada e o seu seguinte papel será no remake do clásico da Disney The Little Mermaid. Ademais, fíxo-se cun dos postos protagonistas no vindeiro filme de superheroes da Marvel Studios Shang-Chi, no que seica fará o papel de Fah Lo Suee, a irmá do protagonista que posúe poderes de hipnose.