A Netflix fai-se con Pyros

152

Após de gañar na poxa a seis estudos de Hollywood, a Netflix ven de obter os dereitos para finanzar e distribuír Pyros, o novo filme de ciéncia-ficción que protagoniza Reese Witherspoon e que conta coa produción de Simon Kinberg, o recente director de Dark Phoenix.

A história neste caso vai sobre un grupo de xente con poderes e vestidos con traxes ignífugos indestrutíbeis que van fusionados ás súas columnas vertebráis. O grupo traballa para unha corporación rescatando obxectos de mansións queimadas para os seus clientes ricos, e teñen estritamente prohibido desviar-se da súa misión, mesmo se outros humáns están en perigo. O protagonista fai unha excepción a esta regra, salvando a vida dalguén e desencadeando asemade unha série de eventos.

O proxecto está adaptado dun conto orixinal de Thomas Pierce publicado en 2018 e titulado Tardy Man. O mesmo Pierce encargará-se de escribir o guión, que producirán Lauren Neustadter e Audrey Chon xunto ao xa mencionado Kinberg.