Sangue e Ósos na Lucasfilm

56

A guionista Kay Oyegun (This Is Us) será a encargada de escribir a adaptación ao cinema da novela fantástica para adolescentes Children of Blood and Bone, orixinal da escritora nixeriana-americana Tomi Adeyemi, para a Lucasfilm e a Disney Pictures.

Rick Famuyiwa (Dope) continúa vencellada coma directora neste proxecto, que conta coa produción de Kathleen Kennedy, e que será a primeira longametraxe que apareza baixo o selo da Lucasfilm fóra do universo de Star Wars dende que a compañía fora adquirida pola Disney.

A novela é a primeira entrega da da série Legacy of Orisha, e ten coma protagonista á heroína Zelie Adebola, quen tenta devolver a máxia ao reino de Orisha, após de que a súa práctica polos maji (aos que a mesma Zelie pertence) fora brutalmente suprimida polos kosidáns, a raza dos governantes actuais.

Marty Bowen, Isaac Klausner, Karen Rosenfelt e John Fischer formaban parte do proxecto cando se iniciou pola Fox 2000, e polo de agora agárda-se que continúen a bordo do mesmo.