Serkis dirixirá a secuela de Venom

72

O actor inglés Andy Serkis ven de se facer oficialmente coa cadeira de director da secuela de Venom, após de pechar un acordo coa Sony para se converter no máximo responsábel da continuación deste filme de 2018, que adaptou ao persoaxe da Marvel ao cinema e que mália as críticas moi negativas sorprendeu recadando 856 millóns de dólares en todo o mundo.

Serkis era ún dos moitos realizadores que estaban na listaxe de candidatos para o traballo e voou o pasado mes de xullo a Los Angeles para se atopar cos directivos da Sony. Este proxecto será o seu terceiro coma director, despois de que debutara con Breathe e continuara co éxito Mowgli: Legend of the Jungle.

Serkis acadou sona mundial grazas á súa interpretación de diversos persoaxes usando a técnica de captura de movementos e á dixitalización en tres triloxías fantásticas: Gollum no Señor dos Anéis, o líder dos símios Caesar no Planeta dos Símios e o Líder Supremo Snoke na mais recente de Star Wars. Tamén interpretou a King Kong no filme homónimo de 2005, pero o seu debut fóra de escena non foi até a triloxía de The Hobbit, onde foi segundo director.

Para a secuela de Venom, agárda-se que Tom Hardy regrese coma protagonista no papel dun xornalista que é atrapado polo álien simbiótico. Kelly Marcel está a escribir o guión.