Os actores J.K. Simmons (J.J. Jameson en Spider-Man) e Betty Gilpin unirán-se deseguido ao reparto de Ghost Draft, a longametraxe de acción e ciéncia-ficción que protagonizarán Chris Pratt e Yvonne Strahovski para a Skydance e a Paramount Pictures.
A história vai sobre un home enrolado para loitar nunha guerra do futuro onde o destino da humanidade dependerá da súa habilidade para se enfrontar ao seu pasado. Simmons fará o papel do pai de Pratt.
Chris McKay (The LEGO Batman Movie) será o director a partir dun guión orixinal de Zach Dean e que conta coa produción de David Ellison, Dana Goldberg, Don Granger, David Goyer, Jules Daly e Adam Kolbrenner.
A rodaxe comezará en setembro con localizacións en Atlanta (Georgia) e Islándia.