As regras da máxia na HBO Max

70

O vindeiro novo servizo de vídeo baixo demanda en Internet HBO Max ven de encargar a produción de episódios piloto para dúas novas séries de televisión, entre elas unha que será unha precuela do filme Practical Magic, que protagonizaron Sandra Bullock e Nicole Kidman en 1998.

Rules of Magic estará baseada nas dúas novelas de Alice Hoffman, ambientadas nos anos 60 en New York, e que van sobre tres irmáns, Franny, Jet e Vincent Owens, quen deben loitar contra algunhas “anormalidades” que os obrigan a ficar aillados.

Nombergantes, os marulleiros tempos que viven sacan á luz o extraordinário descobremento de quen son en realidade: os descendentes dunha estirpe de bruxas. As dúas irmás converterán-se nas reverenciadas e temidas tías que logo apareceron en Practical Magic, mentres que o seu irmán Vincent deixará un legado inesperado.

A creadora de Jessica Jones, Melissa Rosenberg, será a guionista e produtora executiva, no que constituirá o seu primeiro proxecto baixo o acordo que asinou para traballar coa WBTV. Dana Baratta será asemesmo a guionista e produtora executiva canda Denise Di Novi e Nina Tassler. Asemade están a pór en marcha unha equipa de guionistas para o que será unha série de dez episódios.

O segundo proxecto será unha série de terror psicolóxico para adolescentes titulada Red Bird Lane, sobre oito estraños que chegan a unha casa aillada e que se decatan de que hai algo sinistro e horríbel que está a agardar por eles. Sara Gran será neste caso a guionista e produtora executiva xunto a John Wells e Erin Jontow.