A imposibilidade da Disney e a Sony Pictures por chegaren a un novo acordo vai sinificar que a Marvel Studios e mais o seu presidente Kevin Feige non volverán estar vencellados na produción dos novos filmes de Spiderman, rematando deste xeito o histórico acordo entre os dous estudos que comezou con Spider-Man: Homecoming.
A rifa entre os até agora parceiros ven tendo lugar dende hai uns poucos meses entre os seus mais altos executivos. A Disney quería que a produción, e polo tanto os futuros benefícios, dos filmes de Spiderman se repartiran ao 50% entre os dous estudos, e as discusións querían estender o acordo a outros filmes e persoaxes do universo de Spiderman, coma o recente caso de Venom, que non está integrado no Universo Cinemático da Marvel.
A Sony rexeitou a oferta e considerou que a súa equipa, liderada por Tom Rothman e Tony Vinciquerra, non quere desprender-se da súa meirande e mais proveitosa franquía. E no seu lugar, propuxo que continua-se o actual acordo entre os dous estudos, polo cal a Marvel recibe un 5% dos benefícios dos filmes. Pero a Disney non aceptou.
Polo tanto, e coma resultado, a Sony ven de lle negar a Feige e á Marvel calquera participación futura no universo de Spiderman, despois de que os dous últimos filmes da saga protagonizados por Tom Holland, e nos que a Marvel participou activamente, bateran todos os récords de recadación, incluíndo o de película con mais benefícios da história da Sony.
Segundo a Sony, a Holland aínda lle quedan duas entregas mais de Spiderman por rodar, que contarán con Jon Watts coma director. E de non haber un cámbio totalmente inesperado nas negociacións, Feige non será de novo o seu director creativo.