Kit Harington será o Cabaleiro Negro

121

No decurso da recente D23 Expo celebrada en Anaheim (Califórnia), a Disney confirmou que o actor protagonista da rematada série Game of Thrones Kit Harington unirá-se ao Universo Cinemático Marvel, concretamente no reparto do novo filme The Eternals.

O seu papel será o de Dane Whitman/Black Knight, o que pode ser un pouco abraiante dado que o clásico persoaxe do Black Knight nos cómics Marvel ten moi pouco que ver cos Eternos. Pero Dane Whitman, o Vingador coñecido coma Black Knight, é un persoaxe importante con moita história ás súas costas. Creado en 1955 por Stan Lee e Joe Maneely, Black Knight (o Cabaleiro Negro) é ún dos membros da Mesa Redonda que serviron ao rei Artur en Camelot. A súa arma era a Espada de Ébano, unha espada máxica usada por moitos persoaxes posteriormente.

O Cabaleiro Negro orixinal foi Sir Percy de Scandia, pero este morreu a mans de Sir Mordred, o traizoeiro sobriño de Artur, e o seu posto foi ocupado por diversos descendentes até chegar a Nathan Garret, un científico malvado que tras sofrir unha derrota contra Ant Man, fuxe a Inglaterra, onde atopa a espada máxica e aproveita para se converter… nun superfalcatruán! Porén este foi vencido outra vez por Ant Man, os Vingadores e Iron Man, e pasa o seu poder ao seu sobriño Dane Whitman, quen xa é por fin é o superheroe a quen todos coñecemos. E así continúa até os anos 90, cando Dane convérte-se no mozo de Sersi (ou Circe), unha bruxa membro dos Eternos.

Esta é toda a relación do Black Knight cos Eternos nos cómics, pero no cinema hai unha pequena pista adicional que se pode atopar en Spider-Man: Far From Home, cando na Torre de Londres se ve aparecer brevemente a armadura do Cabaleiro. Se Sersi e mais o Cabaleiro continuarán o seu romance na versión do Universo Cinemático é algo que haberá que agardar a ver.