Confirmada a série de Obi-Wan con Ewan McGregor

849

Ewan McGregor ven de confirmar que repetirá o seu papel de Obi-Wan Kenobi na televisión, nunha série que emitirá a Disney+ baseada no famoso xeneral dos Jedi.

A produtora Kathleen Kennedy e mais o mesmo McGregor compareceron perante a prensa e os fans no decurso da convención bianual D23, onde Kennedy dixo que tiñan xa todos os guións escritos para comezar a rodar o ano que ven.

McGregor interpretou ao persoaxe nas tres primeiras entregas da saga de Star Wars e durante moitos anos falou-se da posibilidade de facer un filme que protagonizara el en solitário, pero eses plans se viñeron abaixo após do decepcionante resultado nos cinemas de Solo.

Agora os plans semellan revivir cunha salientábel millora: xa non será un filme aillado, senón toda unha série de televisión que narrará as aventuras de Kenobi nos anos que transcorren dende o Episódio II até o Episódio IV, na mesma liña temporal que Solo: A Star Wars Story (e especificamente un ano despois de que Han deixe Qi’ra e dous antes do argumento principal).

A série de Obi-Wan é a terceira confirmada con acción real baseada no universo de Star Wars que aparecerá na nova canle Disney+ após de The Mandalorian, que se estreará xa en novembro, e outra aínda sen título protagonizada polo persoaxe de Cassian Andor, a quen deu vida Diego Luna en Rogue One.