Ms. Marvel na nova Disney+

95

O novo servizo de transmisión de dados Disney+ non para de dar sorpresas, ou polo menos de promete-las, e a mais recente é a série de acción real baseada no persoaxe Ms. Marvel, que contará coa guionista e cómica inglesa Bisha K. Ali coma showrunner. Ali está a traballar aínda no remake na Hulu de Four Weddings and a Funeral.

Ms. Marvel apareceu por primeira vez nos cómics en 1976, cando Carol Danvers comezou a usar este alcume para loitar contra o crime. A medida que foi gañando superpoderes, Danvers fai-se chamar Binary e logo Warbird, e dende que misturou o seu ADN co do guerreiro Kree Mar-Vell para se converter na Capitana Marvel en 2012, o persoaxe de Ms. Marvel ficou sen dono. Após de que o nome pasa-se polas mans de diversos persoaxes, unha fan de 16 anos de orixe paquistaní, Kamela Khan, aprovéita-o para se converter na primeira superheroína musulmana protagonista dun cómic.

Khan vive cunha família moi relixiosa en New Jersey mentres tenta facer-se cun nome de seu loitando contra os criminosos grazas aos seus poderes polimórficos (pode alongar o seu corpo, partes del, e cambiar de forma). O primeiro volume desta série recebiu o prémio Hugo ao millor cómic en 2015.

Polo de agora inda non se deu a coñecer se o novo programa formará parte do canon do Universo Cinemático da Marvel ou se será independente. Tampouco hai fixadas datas de comezo de produción nin estrea.