Aventuras no Tempo, 7° tempada, Audición 185
─ Chámo-me Jeremiah Adolphus Black, teño vinte e dous anos e son estudante de postgrao de Física.
─ E por que serías un bó participante de Aventuras no Tempo?
─ Porque as inventei eu.
─ Vale, ben. Bonito eslogan. O que precisamos de verdade é unha anécdota divertida, algo sobre como tes un grande coñecemento da história. Xa sabes, algo así.
─ Esa é a miña história. Eu inventei a viaxe polo tempo.
─ Vale, pero non a inventaches, nonsí? As viaxes no tempo existen dende que naciches. Este programa leva emitíndo-se sete anos.
─ Vosté xa sabe que son estudante de postgrao de Física, non?
─ Si, xa o dixeches. Porén o teu engadido non é abondo bó.
─ Ha. Si. O caso é que estudo cronomecánica.
─ Xenial, ese podería ser o teu ángulo sobre por que es un bó candidato. Sínto-o, o produtor está-me a falar polo auricular – Vale, si, xa o dou por rematado. – Mira, Jeremiah, só estou tentando axudar-te. Precisamos que nos deas un titular. Din-me que o teu tempo rematou.
─ O caso é, o tema das viaxes no tempo é, que podes viaxar polo tempo.
─ Si, xa, xa o sabemos, ese é o propósito do programa: viaxar polo tempo, resolver crebacabezas, atopar tesouros. Síncho-cho rapaz, acabou-se o tempo.
─ O tempo nunca remata.
─ Non hai necesidade de se poñer polémico. Mira, non quero ser entrequedante, pero teño dúcias de audicións que facer hoxe.
─ Dígo-lle que eu inventei a viaxe polo tempo. Ou que o farei, vinte anos a partir de hoxe. Pero alguén roubou-ma, volveu atrás no tempo á súa propria xoventude e a inventou no meu lugar.
─ Xenial. Mira, isto é demasiado intenso para os nosos espectadores – Vale, xa o pecho! – Eles queren unha história bonita e directa para conectar cos concursantes.
─ Non estou interesado nos espectadores. Só quero ir atrás e evitar que alguén pre-invente a viaxe temporal.
─ Non interesado nos espectadores? Iso non vai funcionar…
─ O meu vello eu falou-me disto. Son demasiado vello para unha audición despois de a inventar, así que tiña que conseguir entrar no programa agora.
─ Isto non ten sentido. – Si, vale, dá-me un minutiño, queres? – Por que queres entrar no programa?
─ Porque non podo entrar en ningunha investigación ou traballo oficial de viaxes no tempo.
─ Mesmo ainda que es un cronoestudante de postgrao?
─ Eles coidan que son un estudante tolo.
─ Non me sorprende. Estou pensando que se cadra poderiamos traballar con esta história. Góstas-me, e coido que ao público poderías-lle gustar tamén.
─ Non é unha história. Estou a ficar sen tempo.
─ Eu tamén. – Si!
─ Estou a morrer. O meu vello eu está a morrer. Vai realmente vello agora. Quero arranxar isto por el. Por min.
─ Como de vello ven sendo? Non pode viaxar polo tempo e amaña-lo?
─ Non, ficou atrapado no pasado. Pasou vinte anos tentando desfacer o que aconteceu. Agora eu teño que tomar o mando.
─ O que? Agora góstache? – Boas novas, rapaz. Agora góstas-lles. Coidan que estás tolo abondo para atraír aos espectadores.
─ Daquela, xa está?
─ Ben, polo de agora. Temos unha cheia mais de audicións, pero contactaremos contigo.
─ Cando?
─ Acaso importa? Vas viaxar polo tempo.
─ Ha! Moi bó. Xa mo farei saber.
─ Grazas. Si, a porta á dereita. Adéus. – Si, toliño de todo. – Si, será xenial. – Vas en sério? Por suposto que non é verdade! – Ben, se é de verdade, nunca o saberemos. – Ou non desapareceremos todos nunha grande reescritura da história? – Como ía saber se iso podería acontecer? Eu só traballo aquí. – Si, mánda-me ao seguinte.
FIN