O mundo de Terramar regresa á tele

532

A produtora nominada a un Oscar Jennifer Fox (Nightcrawler) vai-se asociar coa empresa neoiorquina de entretemento A24 para realizaren conxuntamente Earthsea, unha série de televisión que adaptará á pequena pantalla a popular série de libros de fantasía do mesmo título, orixinal da escritora Ursula Le Guin.

A A24 finanzará e Fox producirá o programa, que será logo ofrecido a distintas canles. Antes de falecer en xaneiro do ano pasado, Le Guin xa lle dera a súa beizón ao proxecto, que nun princípio ía ser para unha série de filmes, pero a adaptación foi logo reconsiderada coma série de televisión.

A história, que abrangue cinco novelas e mas oito contos escritos entre 1968 e 2001, está ambientada nun mundo que é un arquipélago composto por centos de pequenas illas onde a máxia xoga un salientábel papel.

A propriedade xa fora levada anteriormente ás pantallas, concretamente nunha minisérie do Sci-Fi Channel en 2004 e logo no filme de debuxos animados Gedo Senki dirixido por Goro Miyazaki para os estudos Ghibli en 2006, pero ningunha das dúas adaptacións foi moi ben recebida.