Philip Noyce nunha cámara crioxénica

89

A canle NBC está a desenvolver un proxecto, polo de agora aínda sen nome, para unha nova série de ciéncia-ficción que contará con David Slack (Person of Interest) coma guionista e co realizador australiano Phillip Noyce coma director do episódio piloto. Ambos serán ademais produtores executivos.

A Sony Television é a encargada de producir a série, que vai sobre un enigmático millonário que reuniu a mais de 250 persoas co obxectivo de tentar enganar á morte grazas á suspensión crioxénica, coa esperanza de que un avance científico no futuro lles permita algún día regresar á vida. Nembergantes, a medida que esas persoas van espertando ao longo de diferentes momentos, axiña decátan-se de que non podes enganar á morte sen pagar un prezo.

Para Noyce, e após de 42 anos de carreira, esta será a súa primeira incursión no eido do xénero fantástico, se excluímos The Saint (1997). Por elo, a NBC prefire polo momento denominar a este proxecto coma “drama” e non usar o termo “ciéncia-ficción”. Josh Berman e Chris King son os outros dous produtores executivos.