Tom Hanks será o protagonista do novo filme da Paramount Pictures e mais a Mattel Films baseado nos bonecos de xoguete da liña Matt Mason.
Mason é un astronauta que vive e traballa na Lúa, onde ten vários extra-terrestres aliados e algúns falcatruáns inimigos. Akiva Goldsman (Angels & Demons) adaptará o guión para o cinema a partir dun conto orixinal do escritor gañador do prémio Pulitzer Michael Chabon e no que o devandito persoaxe de xoguete é o protagonista.
En 2011 anunciára-se unha película de animación xerada por computador en 3D baseada nos bonecos que contaba con Graham Yost coma guionista, e xa nela Hanks ía ser a estrela. Aquel proxecto nombergantes non chegou a bó porto após de fracasar os intentos de atraer a Robert Zemeckis para que dirixise o filme.
Chabon é pola súa banda nestes intres o showrunner da vindeira série de cans Star Trek: Picard.