Lee fará un anime en vivo

0
223

Jieho LeeO realizador Jieho Lee confesou nunha rolda de prensa á que tivo acceso NOVA FANTASIA que o seu vindeiro proxecto será unha versión con acción real dun popular anime xaponés.

Esquecín que se supón que non debería falar disto, e nen sequera permitir que vos o saibades“, dixo Lee mentres facía a presentación da súa fábula urbá The Air I Breathe. Lee non quixo confirmar máis detalles sobre este proxecto.

Lee está ademáis traballando nun filme en China, baseado nun guión de seu. “Ambos os dous proxectos son obras de acción dirixidas polo persoaxe, que é algo que quero continuar facendo“, dixo Lee.

The Air I Breathe (“O aire que respiro”) marca o debut na dirección de filmes grandes de Lee e está baseado nun provérbio chinés. Está protagonizado por Forest Whitaker, Sarah Michelle Gellar, Kevin Bacon, Andy Garcia e Brendan Fraser e estreou-se nos Estados Unidos o pasado día 25.