Smith e Goldsman, unha equipa “brillante”

104

Após da súa colaboración en filmes coma I, Robot e I Am Legend, o actor Will Smith e mais o director, produtor e guionista Akiva Goldsman volverán reunir-se para outra longametraxe de ciéncia-ficción titulada Brilliance na Paramount Pictures.

Baseándo-se na triloxía de novelas homónima orixinal do escritor Marcus Sakey, Goldsman escribirá a adaptación e producirá o filme canda Shane Salerno. A história está ambientada nun futuro onde os “brillantes”, que son o 1% da povoación nacida con habilidades mentáis superiores, están a ser estreitamente controlados polo governo.

Un axente federal (Smith) é encargado de usar a súa própria habilidade, que é a de lér a linguaxe corporal para predicir os movementos das persoas, para se infiltrar nun grupo radical e poder atrapar a outro “brillante” que podería levar ao país a unha devastadora guerra civil.

Os dereitos sobre a triloxía foran anteriormente mercados pola Legendary e a Universal para faceren unha película con Smith, pero após de non poderen producir o filme a tempo, regresaron a Sakey. Dende aquela, este escribiu dúas novas novelas e organizou-se unha posíbel nova franquía.