Hawkeye fai-se cun guionista de sona

77

O veterán guionista de Mad Men Jonathan Igla será o escritor e produtor executivo da nova série Marvel’s Hawkeye do servizo de transmisión de dados Disney+.

A série presentará a Jeremy Renner repetindo o seu persoaxe de Clint Barton, así como á súa protexida e futura sucesora Kate Bishop, un papel para o que a Disney quere contar con Hailee Steinfeld.

A contratación de Igla, un guionista prestixioso e gañador de diversos prémios, chega despois de que se confirmaran as novas segundo as cales as séries de She-Hulk e Moon Knight están xa en desenvolvemento, e que a guionista inglesa Bisha K. Ali estea a traballar na de Ms. Marvel.

Hawkeye será unha das primeiras séries da chamada Fase IV que a Marvel está a desenvolver, pero aínda así non chegará ás pantallas até o outono de 2021.