Stephen King entra no Instituto

87

Tan só un día despois de que The Institute, a mais recente novela de Stephen King, chegue aos andéis das librarías, o guionista David E. Kelley e mais o director de séries coma Lost ou Game of Thrones Jack Bender veñen de confirmar que haberá unha adaptación á pequena pantalla da devandita obra, continuando asemade unha colaboración que xa comezara con Mr. Mercedes.

A Spyglass, que foi a que fixo o anúncio por médio da sua presidenta Lauren Whitney, será a encargada de producir a nova série. The Institute conta a história de Luke Ellis, un rapaz cuxos pais son asasinados no médio da noite por intrusos. Luke esperta nun lugar chamado O Instituto, nunha habitación que é cuspidiña á súa, agás polo feito de que non ten fiestras. Afóra da súa porta hai outras portas, tras as que se atopan rapaces con talentos especiais, coma telequinese e telepatía, e que chegaron alí do mesmo xeito ca Luke.

Kelley escribirá o guión e será o produtor executivo, mentres que Bender sentará na cadeira do director e será ademais o outro produtor executivo, unha tarefa que xa desenvolveu noutros proxectos baseados en obras de King, coma The Outsider ou Under the Dome.