Vance e Davenport en Flash Forward

0
188

Courtney B. Vance e Jack Davenport son os primeiros actores que se incorporan ao reparto do vindeiro episódio piloto para unha nova série da canle ABC e qeu levará por título Flash Forward, que seica queren presentar como a competéncia para Perdidos.

Flash Forward, unha série creada por David S. Goyer, Brannon Braga e os estudos da ABC está baseada na novela homónima de ciéncia-ficción de Robert J. Sawyer e narra o caos que se produce após de que todo o mundo na Terra se desmáie durante 2 minutos e 17 segundos e teñan unha misteriosa visión do futuro.

Vance interpretará a Stan Wedeck, o xefe da oficina local do FBI en Los Angeles, mentres que Davenport interpretará a Lloyd Simcoe, que está atrapado no norde de Califórnia cando acontecen os feitos e loita por levar ao seu fillo a un hospital.

O piloto de Flash Forward será dirixido por Goyer (The Unborn, Blade). Ademáis, el mesmo será o produtor executivo xunto a Braga (Threshold), Jessika Borsiczky Goyer, Vince Gerardis e Ralph M. Vicinanza.