Unha colleita sinistra

David Slade (30 Days of Night, The Twilight Saga: Eclipse) será o encargado de dirixir o conto de terror Dark Harvest para a New Regency, unha película que está baseada na novela homónima de Norman Partridge publicada en 2006.

A história está ambientada na noite de Samaín de 1963 nunha pequena vila do médio oeste americano onde os rapaces prepáran-se para loitar contra unha entidade sobrenatural á que chaman “October Boy” e que xurde de entre os campos de millo cada ano cun coitelo de carniceiro nas mans. Un dos rapaces, Pete McCormick, sabe que matar ao October Boy é a súa única oportunidade de fuxir dun futuro sen esperanzas, pero cando chegue a noite, atopará-se cara a cara co terror e descobrirá o verdadeiro segredo do monstro.

Michael Gilio escribirá o guión e Matt Tolmach e David Manpearl serán os produtores.