Harbinger múda-se á Paramount

A vindeira adaptación ao cinema do cómic de superheroes Harbinger da Valiant Entertainment vai cambiar de estudos, pasando da Sony Entertainment á Paramount Pictures.

A actual equipa creativa, incluíndo ao seu director e co-guionista Justin Tipping, o co-guionista Joshua Beirne-Golden e mais o produtor Neal Moritz, estará tamén ao completo na nova compañía. Toby Jaffe e Dan Mintz serán os produtores.

A história vai sobre un grupo de adolescentes con superpoderes que se rebelan contra a corporación que tentou aproveitar-se das súas habilidades para os seus própios fins.

A rodaxe ía comezar a finais deste ano e os nomes de Dylan O’Brien e Noah Centineo barallában-se entre os posíbeis protagonistas, pero agora o proxecto xa non está entre as prioridades dos estudos, polo que se pasará a unha nova fase de desenvolvemento antes de seguir adiante.

O salientábel é que deste xeito esvaécen-se as posibilidades de facer un crossover con outras adaptacións ao cinema de persoaxes da editorial Valiant, e especificamente co filme Bloodshot que Vin Diesel protagonizará para a Sony. Nombergantes, Bloodshot é menos susceptíbel de se integrar co resto das séries do universo dos cómics da Valiant e a editorial aínda posúe os dereitos sobre X-O Manowar, Eternal Warrior e Archer & Armstrong.