Aykroyd e Hudson na nova Ghostbusters 3

827

Os actores Dan Aykroyd e Ernie Hudson veñen de ser confirmados para regresaren ao novo filme da saga Ghostbusters que dirixirá Jason Reitman.

Esta nova entrega será unha secuela directa das dúas películas orixinais e nela participarán tamén Sigourney Weaver e Annie Potts repetindo os seus papéis.

Aykroyd confirmou a súa participación nunha entrevista esta fin de semana, na que dixo: “Eu xa non fago moitas películas. Temos o filme dos Ghostbusters no que estamos a traballar agora e eu actuaréi nel“. Hudson pola súa banda revelou tamén na fin de semana que “estamos a rodar o novo filme dos Ghostbusters agora mesmo, coa estrea o verán que ven, así que espero que o gocedes tanto coma as outras películas que fixemos. Eu sei que para min face-lo vai ser unha pasada“.

Asemade tanto o director dos filmes orixinais, Ivan Reitman, revelou algunhas pistas sobre o papel que vai facer o persoaxe interpretado por Paul Rudd nesta nova secuela: seica será un sismólogo investigando algúns tráxicos terremotos e que está a dar clases nunha escola de verán.