Dean DeBlois dirixirá aos Micronautas

Dean DeBlois (How to Train Your Dragon, Lilo & Stitch) será o encargado de escribir e dirixir o vindeiro filme de acción real Micronauts, actualmente en desenvolvemento pola Paramount Pictures.

Esta liña de xoguetes orixinal da Mego, unha empresa que hoxe xa non existe, naceu nos anos 70 e durante un tempo foi tan popular que tiveron un cómic de seu publicado pola Marvel. Estes ían ser de feito a base para o argumento da longametraxe, ambientada nun Microverso no que diversos mundos están vencellados e no que un ditador todopoderoso chamado Barón Karza asasina á família real e toma o poder. Un pequeno grupo de persoaxes moi distintos entre si úne-se para formar unha resisténcia.

A nova versión para o cinema seica enfocará-se nun grupo de exploradores intergalácticos, o que sinifica que se escribirá un novo guión, abandoando o que escribiran Rhett Reese e Paul Wernick, os responsábeis de Deadpool.

O proxecto en calquera caso será o debut de DeBlois no cinema con actores reais. Brian Goldner, Stephen Davis e Greg Mooradian son os produtores e a estrea está prevista para o 4 de xuño de 2021.