Julius Avery dirixe ao Stallone mais Samaritano

O director de Overlord, Julius Avery, ven de pechar o acordo polo que se converterá no máximo responsábel de Samaritan, o novo thriller protagonizado por Sylvester Stallone para a MGM.

A história vai sobre un rapaz que descobre que un mítico superheroe, ao que todos daban por morto, en realidade desapareceu vinte anos atrás após dun tráxico acontecemento, e que aínda está vivo.

Bragi F. Schut (Escape Room) escribiu o guión, e a rodaxe comezará a primeiros do ano que ven baixo a produción de Braden Aftergood, da Balboa Productions.