As Canárias, as superheroínas do futuro

752

A canle The CW ven de lle dar a luz verde oficialmente ao desenvolvemento dunha série secuela de Arrow ambientada no período temporal do futuro que puidemos ver en moitos dos episódios da pasada tempada.

Esta nova série centrará-se nas Canárias, un grupo de vixiantes que traballan nunha versión do futuro de Star City na que a cidade de Green Arrow foi invadida por unha revolta dos residentes do empobrecido bárrio dos Glades.

A série estará protagonizada por Katherine McNamara no papel de Mia Smoak, Katie Cassidy coma Laurel Lance e Juliana Harkavy coma Dinah Drake. O episódio décimo e final da vindeira tempada de Arrow, que se estrea axiña, será asemade o episódio piloto da nova série. Este sistema de presentar novos persoaxes dentro doutras séries da DC xa foi utilizado con éxito pola nova série Batwoman, cuxa protagonista apareceu por primeira vez en The Flash.

Greg Berlanti, Sarah Schechter, Beth Schwartz, Marc Guggenheim, Jill Blankenship e Oscar Balderrama serán os produtores executivos dun proxecto que a Berlanti Productions producirá xunto á Warner Bros. Television.