Jeffrey Wright e Jonah Hill, listos para Batman

1178

Jonah Hill e Jeffrey Wright veñen de ser vencellados respectivamente para os papéis do Riddler e mais do comisário Gordon no vindeiro filme The Batman que dirixirá Matt Reeves.

Nesta nova versión do cruzado con capa a história será unha aproximación ao cinema negro e o protagonista absoluto será Batman (Robert Pattinson) coma o millor detective do mundo. Polo de agora aínda hai moitos rumores sobre quen serán os falcatruáns que aparezan nas pantallas e fála-se de que o argumento podería estar baseado na série de 13 números do cómic The Long Halloween, escrito por Jeph Loeb e publicado entre 1996 e 1997. Esta série xa influíu no pasado na triloxía de Batman de Chris Nolan.

Wright será o primeiro comisário Gordon negro no cinema e sucede no papel a Pat Hingle, Gary Oldman e J.K. Simmons, mentres que Hill faría-se co posto que foi interpretado por última vez nas pantallas grandes por Jim Carrey.

The Batman ten prevista a estrea para o 25 de xuño de 2021.