Hai case dous anos anunciára-se que Guillermo Del Toro e Alfonso Cuarón ían realizar unha adaptación do clásico conto para nenos The Witches de Roald Dahl, e mesmo se comentou que Cuarón sería o director. Agora seica as cousas mudaron un pouco e nunha recente entrevista con Cuarón confirmou-se que Del Toro non só rematou o guión, senón que será o director deste conto fantástico.
A história orixinal de Dahl vai sobre unha conspiración das bruxas que desexan eliminar a todos os nenos do mundo, e o contrário cá adaptación de 1990 (que en España se titulou A maldición das bruxas e era un filme familiar) Del Toro planea roda-lo totalmente con animación en stop-motion e dar-lle un toque máis escuro á narración.
Cando se rodou a versión de Nicolas Roeg en 1990 se fixeran moitos cambios no guión para que a história non resulta-se perturbadora para os nenos. Agora seica Del Toro non ten medo das consecuéncias de asustar aos nenos que vaian ver o seu filme ao cinema.