Neill, Dern e Goldblum regresan ao Xurásico

O lendário trío protagonista da longametraxe orixinal de Jurassic Park, formado por Laura Dern, Sam Neill e Jeff Goldblum, ven de ser confirmado oficialmente para regresar á pantalla grande e unir-se deste xeito a Chris Pratt e Bryce Dallas Howard no vindeiro filme de Colin Trevorrow, a terceira parte de Jurassic World na Universal Pictures.

Dern confirmou a súa participación no filme, así coma a dos seus compañeiros Neill e Goldblum, no decurso da presentación da curtametraxe de oito minutos Battle at Big Rock que foi dirixida polo mesmo Trevorrow e que seica é un adianto do que nos agarda.

A anterior entrega da saga, o filme de J.A. Bayona Jurassic World: Fallen Kingdom, rematou cos dinosáuros saíndo da Illa Nublar e entrando na civilización, onde agora conviven entre nós, polo que o novo filme terá moito que explorar. Emily Carmichael e Trevorrow escribiron o guión, que contará esta vez coa produción executiva de Steven Spielberg e de Trevorrow, mentres ca Frank Marshall e Pat Crowley serán os produtores.

A rodaxe comezará a primeiros do ano que ven e a estrea está prevista para o verán de 2021.