A Hulu ven de abandoar o seu proxecto de série baseada no Ghost Rider da Marvel, que contaba con Gabriel Luna coma protagonista. Fontes internas aseguran que o problema foi causado por diferéncias creativas, pero o certo é que o persoaxe está aínda bastante gastado despois de que Nicolas Cage o interpretara no cinema en dúas películas para esquecer. Esta é a terceira série da Marvel que é abandoada nos últimos tempos, despois de New Warriors e Deadpool.