A Disney e a Sony asinan as paces

548

Após do espectáculo ofrecido o mes pasado pola Sony e mais a Disney erguéndo-se da mesa de negociacións e rachando o seu acordo para continuar facendo conxuntamente filmes de Spiderman, seica as augas volven ao seu cauce e ambas compañías veñen de decidir continuar traballando para un novo filme que se estreará o 16 de xullo de 2021, protagonizado unha vez mais por Tom Holland, quen ademais aparecerá noutro filme futuro da Marvel ainda por convir.

Kevin Feige, o xefe da Marvel Studios, dixo: “Estou encantado de que a viaxe de Spidey no Universo Cinemático da Marvel continúe, e eu e todos nós aquí na Marvel Studios estamos emocionados de poder traballando nela. Spiderman é unha icona poderosa e un heroe cuxa história cruza todas as idades e públicos no planeta. Tamén resulta ser o único heroe co superpoder de cruzar os universos cinemáticos, así que mentres que a Sony continúe desenvolvendo un Spidey-verso de seu, nunca vas saber que sorpresas podería traer o futuro“.

En 2015, a Marvel e mais a Sony desvelaron un acordo sen precedentes para produciren as ben recebidas e comercialmente exitosas Spider-Man: Homecoming e Spider-Man: Far From Home e que ademais o persoaxe de Spiderman interpretado por Holland aparece-se en tres filmes da Disney/Marvel.

Pero após da estrea de Far From Home, o acordo decaeu cando a Sony e a Disney pararon as súas negociacións e as remataron, o que sinificaba que o vindeiro Spiderman xa non formaría parte do Universo da Marvel. Co novo acordo nombergantes, o director Jon Watts regresará para se encargar da terceira entrega da saga.

O acordo tamén podería incluir un universo compartido mais detallado, no que se conectarían os novos filmes da Sony (Venom 2 e Morbius entre outros) cos da Marvel, se ben o grao de conexión está aínda por decedir e podería limitar-se a meras mencións visuais. Baixo as novas condicións, agárda-se que a Disney/Marvel participe cun 25% do financiamento e outro tanto dos posíbeis benefícios.