Deborah Chow ven de ser contratada para sentar na cadeira de director ao longo de toda a vindeira série de televisión que protagonizará Obi-Wan Kenobi para a Disney+ e mais a Lucasfilm.
Chow é unha veterán da tele que conta con sobrada experiéncia en séries de prestíxio, entre outras The Mandalorian, Mr. Robot, American Gods ou The Man in the High Castle.
A nova série terá lugar oito anos despois dos acontecementos de Revenge of the Sith on de Obi-Wan entregou ao bebé Luke Skywalker á súa família de Tatooine. Ewan McGregor repetirá o seu papel para a série, da que se rumorea que terá unha duración total de catro horas.
A presidenta da Lucasfilm, Kathleen Kennedy, dixo nun comunicado: “Queriamos realmetne seleccionar unha directora que puidera explorar tanto a silandeira determinación e mais a rica mística de Obi-Wan dun xeito que encaixe en problemas na saga de Star Wars. Baseada no seu fenomenal traballo desenvolvendo os nosos persoaxes en The Mandalorian, estou absolutamente certa de que Deborah é a directora axeitada para narrar esta história“.