A realizadora Ava DuVernay, que xa está a traballar na adaptación ao cinema do cómic New Gods para a Warner Bros. Pictures, ven de pechar un acordo polo que fará unha nova versión para as pantallas dos cómics da DC, esta vez en forma de episódio piloto paro a HBO Max, o vindeiro servizo de streaming da canle HBO.
DuVernay dirixirá o episódio piloto dunha série baseada en DMZ, unha série de cómic da editorial Vertigo orixinal de Brian Wood. A devandita série vai sobre unha segunda guerra civil americana nun futuro próximo, loitada entre os restos do governo federal e mais os secesionistas do exército dos Estados Libres, e todo elo no decurso dunha fráxil trégua.
O cómic está situado na á penas habitada Zona Desmilitarizada que foi anteriormente Manhattan. A série para a tele centrará-se nunha médico da illa que tenta manter día a día vivos aos seus habitantes mentres busca ao seu fillo desaparecido. Ela converterá-se nunha fonte de esperanza nuns Estados Unidos que perderon todo o posíbel senso desa ideia.
O guionista, showrunner e produtor executivo Roberto Patino (Westworld) está a escribir o guión deste episódio, que contará coa produción da compañía de DuVernay, a ARRAY Filmworks, xunto á Warner Bros. Television. A rodaxe ten previsto comezar a primeiros de 2020.