Dan Lin e Jonathan Eirich, quen produciron a recente versión con actores reais para o cinema de Aladdin, encargarán-se doutra versión con acción real duns debuxos animados, neste caso o emblemático persoaxe dos anos 80 Inspector Gadget, todo elo para a Disney Pictures.
Os guionistas Mikey Day e Streeter Seidell escribirán o libreto do filme, que contará coa produción de Lin e Eirich por médio da súa compañía, a Rideback.
A série dos anos 80, unha produción canadiana-americana orixinal de Bruno Bianchi, ía sobre un detective biónico semellante ao inspector Closeau, quen tiña integrada unha enorme cantidade de inventos ou gadgets que podía utilizar con ordes que lle daba ao seu própio corpo. O seu arquirrival era o Doutor Claw (ou doutor Gang na versión en galego que foi emitida pola TVG), o líder da organización M.A.D., mentres que Gadget contaba coa axuda da súa sobriña Penny e mais dun can.
En 1999 a Disney xa fixera unha versión para o cinema con Matthew Broderick coma protagonista e Rupert Everett no papel de Claw que tivo unha moi mala acollida por parte da crítica, pero foi un éxito moderado no despacho de billetes.