A Atomic Monster, a compañía de James Wan, e mais a Hivemind, van-se asociar para produciren conxuntamente Gideon Falls, unha adaptación á pequena pantalla do cómic orixinal da Image Comics creado por Jeff Lemire e Andrea Sorrentino.
A série é un thriller de terror urbán que conta con vários protagonistas: un cura católico derrotado, unha shériff inflexíbel e mais un mozo recluso obsesivo. Todos eles traballan para resolver un mistério conectado cunha lenda local esquecida hai moito e chamada “The Black Barn”, un edifício pantasmal que trae a morte e a loucura cando esperta.
A série estreou-se o ano pasado e foi un grande éxito para a Image Comics. Wan, Michael Clear, Jason Brown, Sean Daniel, Kathy Lingg, Dinesh Shamdasani e mais os creadores do cómic serán os produtores executivos.