Sam Raimi regresa ao terror

59

O realizador Sam Raimi ven de recrutar unha manchea de xoves actores para 50 States of Fright, a súa vindeira série antolóxica de terror para o novo servizo de streaming Quibi do produtor de cinema Jeffrey Katzenberg.

O reparto inclúe a Rachel Brosnahan (The Marvelous Mrs. Maisel), Travis Fimmel (Vikings), Christina Ricci (Monster), Jacob Batalon (Spiderman: Homecoming), Ming-Na Wen (Agents of S.H.I.E.L.D), Taissa Farmiga (The Nun), Asa Butterfield (Sex Education), John Marshall Jones (Rectify) e Ron Livingston (Loudermilk), e cadaún deles será o protagonista de cadanseu episódio.

A primeira tempada explorará histórias baseadas eb lendas urbás de Colorado, Florida, Iowa, Kansas, Michigan, Minnesota, Missouri, Oregon e Washington, levando aos espectadores cada semana a un estado distinto dos Estados Unidos.

Brosnahan, Fimmel e Jones estarán en The Golden Arm, baseada nunha famosa lenda urbá de Michigan. O episódio contará coa dirección e cun guión do mesmo Raimi, xunto ao seu irmán Ivan Raimi tamén escribindo.

Farmiga e Livingston protagonizarán o episódio baseado en Iowa Almost There, escrito e dirixido por Scott Beck e Bryan Woods (Haunt). Ricci e Batalon terán os papéis protagonistas en Red Rum, coa história mais tenebrosa de Colorado. Wen será a estrela de America’s Largest Ball of Twine, baseada nun mito de Kansas, e Butterfield estará en Grey Cloud Island, baseada en Minnesota.

Raimi e Debbie Liebling (Pen 15) serán os produtores executivos canda Van Toffler, Tony DiSanto, Cody Zwieg, Barry Barclay, Tommy Coriale e Chris Mangano. Eduardo Sánchez, Alejandro Brugues, Yoko Okumura, Cate Devaney, Ryan Spindell, Adam Schindler, Brian Netto, Isa Mazzei e Daniel Goldhaber serán os directores.