Coogler e as amargas raíces

539

O director de Black Panther, Ryan Coogler, será o produtor dunha nova série de televisión que adaptará a série de cómic da Image Comics Bitter Root á pequena pantalla. Zinzi Evans e Sev Ohanian serán os produtores executivos.

O cómic, creado por David F. Walker e Sanford Greene e polo veterán Chuck Brown, está ambientado durante o “Rexurdimento de Harlem” en 1924 e enfóca-se nunha família rota de cazadores de monstros, quen deben enfrontar-se a un inimaxinábel mal que descende sobre a cidade de New York.

Durante xeracións, os Sangery cazaron monstros e curaron aos afectados por unha forza sobrenatural que se alimenta dos prexuízos da era, transformando aos seres humáns en monstros horrendos. Pero a súa sona esvaecéu-se co tempo e case toda a família morreu. Os sobreviventes están agora á mercede das monstrosas creaturas.

A Legendary adquiriu os dereitos o pasado mes de marzo cando o cómic aínda levaba tan só cinco números editados. Aínda así, xa recebira daquela un prémio Eisnew á millor nova série de 2019 e mais un prémio Ringo á millor série de cómic do ano.