Os creadores de Paddington en Pippi Mediaslongas

72

A StudioCanal e mais a Heyday Films, que xa participaron conxuntamente nos dous filmes de Paddington, van volver colaborar para levar á pantalla grande a outro persoaxe emblemático da literatura infantil, neste caso a Pippi Långstrump, a amábel pero enerxética rapaza de coletas vermellas.

Aparecida por primeira vez nos libros en 1945 e baseada en histórias da escritora sueca Astrid Lindgren, a série vendeu mais de 65 millóns de cópias en todo o mundo e foi adaptada á tele e ao cinema en moitas ocasións, pero a de mais sona foi a série de televisión dos anos 60 e 70 con guións da mesma autora e interpretada por Inger Nilsson. A versión en galego (Pippi Mediaslongas) nombergantes non chegou ás librarías até 2017.

David Heyman, o dono da Heyday Films, dixo nun comunicado: “Pippi animou e inspirou a famílias de todas partes coa súas ganas de vivir, a súa fortaleza de carácter e mais a súa irreprimíbel ledícia pola vida. Os libros de Astrid Lindgren foron traducidos durante anos por todo o mundo, unha testemuña da súa visión que queremos honrar cun novo filme“.

Jeffrey Clifford e Rosie Alison serán os produtores.