O veterán director de cinema de terror italiano Dario Argento será, aos seus 79 anos de idade, o novo encargado da série de televisión Longinus, no que constituirá o seu primeiro proxecto dende 2012 e tamén o seu mais cobizoso na tele até hoxe.
A história, ambientada entre os Alpes franceses en Grenoble e a vila italiá de Siena, inclúe misteriosos asasinatos, elementos esotéricos e antigos enigmas. O título fai referéncia ao nome do soldado román que segundo a lenda atravesou o costado de Xesús Cristo cunha lanza mentres estaba a morrer crucificado.
A BIM Production e mais a Publispei producirán esta série, da que se dí que será unha “série de autor para o mercado internacional” e que estará “suspendida entre o real e o sobrenatural“.
Entre os traballos mais sinificativos de Argento están obras clásicas do terror italián (gialli) coma Suspiria, Tenebra, Opera, L’uccello dalle piume di cristallo, Phenomena ou Profondo Rosso.