nROLate 2008

0
213

Debido ao éxito acadado durante as “Xornadas de Rol: nROLate” celebradas o pasado ano, a Asociación Alifáfaro de Goián repite a experiéncia neste ano 2008.

Grazas á contribución de diferentes editoriais, ao fondo adquirido pola propia asociación e ás coleccións privadas de vários asociados, poderán contar cunha ampla selección de xogos nos seus diferentes campos. Todos eles formarán parte das exposicións e estarán a disposición dos asistentes, co fin de incrementar a oferta de lecer na vila para a xente nova.

O Centro Cultural de Goián (Tomiño) cederá as súas instalacións, concretamente o primeiro andar, durante o sábado 6 e o domingo 7, polo que a partir das 10 da mañá do sábado as portas estarán abertas a todos os visitantes.

Os asistentes terán a oportunidade de visionar partidas de Warhammer ou Heroclix, coñecer xogos como Cidadelas, Zombies ou Catan, participar nun taller de pintura, xogar unha partida de rol en vivo ou mesmo asistir a unha mesa redonda cos autores do xogo de rol galego As Crónicas de Gáidil.