David Duchovny xúnta-se coas meigas

70

A estrela de X-Files David Duchovny ven de se unir ao reparto do vindeiro remake de The Craft para a Blumhouse, a Red Wagon Entertainment e a Sony Pictures.

Robin Tunney, Fairuza Balk, Neve Campbell, Christine Taylor, Rachel True e Skeet Ulrich protagonizaron o filme orixinal de 1996, que ía sobre unha recén chegada a unha escola católica que caía baixo a influéncia dun trío de adolescentes que practican bruxería e que lanzan meigallos a todos aqueles que as anoxan. Aquela película, traducida en Galiza coma “Noviñas e Bruxas” e presentada coma comédia familiar na TVG, foi o comezo dunha moda no cinema que presentou ás mozas coma meigas empoderadas. A nova versión contará con Cailee Spaeny, Gideon Adlon, Lovie Simone, Zoey Luna e Nicholas Galitzin.

Zoe Lister-Jones será a guionista, directora e produtora executiva xunto a Andrew Fleming, o director e guionista da primeira película. Jason Blum, Douglas Wick e Lucy Fisher son os produtores.