Jessica Henwick protagonizará The Matrix 4

105

A actriz Jessica Henwick, a quen puidemos ver recentemente na série de Netflix Marvel’s Iron Fist no papel de Colleen Wing, será unha das principáis protagonistas da cuarta entrega da franquía de The Matrix para a Warner Bros. Pictures.

Após de que seica Henwick fíxéra-o moi ben nunha audición, os rumores confirmaron que a directora e coguionista Lana Wachowski está a procurar unha protagonista feminina cun papel salientábel xunto a Neo para a cuarta parte da súa série.

Henwick úne-se deste xeito a un elenco no que xa figuran Keanu Reeves e Carrie-Anne Moss, ambos regresando aos seus papéis orixinais, e Jada Pinkett Smith, Yahya Abdul-Mateen e Neil Patrick Harris, cuxos nomes se deron a coñecer ao longo desta semana, se ben os seus papéis aínda están por determinar. Aleksandar Hemon e David Mitchell son os coautores do guión.

A Henwick poderémo-la ver axiña en dous filmes que chegarán ao cinema proximamente: Underwater e Godzilla vs. Kong.