League of Legends en debuxos animados

59

A Riot Games está a desenvolver Arcane, unha nova série de debuxos animados baseada no universo do seu popular videoxogo League of Legends. O proxecto será o primeiro que adapte ás pantallas un xogo da súa propriedade xusto cando a compañía está a celebrar o décimo aniversário da devandita franquía.

A série debutará o ano que ven, dirixida a unha audiéncia de maiores de 14 anos, e tratará mais temas para adultos dos agardados. Greg Street, o xefe do departamento de desenvolvemento creativo da Riot, dixo: “Non vai ser unha série lixeira. hai algúns temas sérios que imos explorar, así que non queremos que os nenos a sintonicen e agarden ver algo que non vai ser“.

O xogo League of Legends lanzou-se por primeira vez en 2009 coma unha batalla entre xogadores online e medrou rapidamente até se converter nunha das franquías de videoxogos mais rendíbeis do mundo con mais de 100 millóns de xogadores en activo, dúas ligas oficiais de e-sports e moitos torneios anuais altamente competitivos.

Arcane desenvolverá-se internamente pola Riot e será animada pola compañía parisina Fortiche Productions, que xa se encargou de facer os tráilers oficiais de presentación de League of Legends en anteriroes ocasións. Para este proxecto contratou-se a moitos escritores que contan con experiéncia en séries de televisión. Agárda-se que o proxecto sexa o comezo dun novo universo multimédia.