Cinco anos despois de que o realizador de culto David Cronenberg rematara o seu último filme, Maps to the Stars, o director canadiano vai regresar e esta vez fará-o da man da Netflix. No recente Festival du Nouveau Cinema en Montreal confirmou que está a pre-producir unha série que adaptará a súa novela de 2014 Consumed sobre dous xornalistas que queren esclarecer o que lle aconteceu a un famoso filósofo francés desaparecido.