Guionista nova para o Doutor Estraño

635

Jade Bartlett, quen até agora tan só contaba cun filme no seu haber, e por riba por estrear (The Turning) ven de ser contratada para se encargar de escribir o guión do vindeiro filme da Marvel Studios, Doctor Strange in the Multiverse of Madness, que se estreará o 7 de maio de 2021.

O proxecto, segundo confirman fontes dos estudos, será o primeiro filme de terror dentro do Universo Cinemático da Marvel, e contará unha vez mais con Benedict Cumberbatch regresando ao seu papel do Feiticeiro Supremo, esta vez acompañado de Elizabeth Olsen coma Wanda Maximoff (a Meiga Escarlata).

Aínda non está claro se o realizador Scott Derrickson, que co-escribiu o primeiro filme xunto a C. Robert Cargill e Jon Spaihts, regresará á cadeira de director. O que si é seguro é que os acontecementos que aparezan na nova série de televisión da Disney+ WandaVision terán un impacto directo sobre as escenas que veremos no cinema.