Boyega noutra de ciéncia-ficción

53

John Boyega, a quen poderemos ver axiña no seu papel de Finn na vindeira entrega da saga de Star Wars, será o protagonista do thriller de mistério e ciéncia-ficción They Cloned Tyrone que producen a Netflix e a Macro.

O guionista de Creed 2 Juel Taylor fará o seu debut coma director neste filme, no que un inusual trío investiga unha série de estraños mistérios que os levan a se decatar da existéncia dunha terríbel conspiración que se está a desenvolver xusto fronte a eles.

O proxecto de baixo orzamento foi alcumado coma unha mistura entre Friday e Get Out, o que non dá moitas esperanzas. En todo caso, Taylor mais Tony Rettenmaier son os autores do guión, e os dous, xunto a Stephen “Dr.” Love, son os produtores. A rodaxe comezará no primeiro cuarto de 2020.